Cando Susana Vázquez propúxome traballar cos nosos alumn@s de Mozambique & Moaña XUNTOS, entusiasmeime, non importa a distancia, hoxe grazas á maxia de internet todo é posible, só fai falta un pouco de ilusión e un pouquiño de traballo.
O tema deste proxecto é o deseño dunha Capulana (prenda típica da muller ).
A nosa intención era publicalo para o día da muller en Mozambique , a experiencia é unha mestura entre o dixital e o manual , ilustracións dos nosos alumn@s do IES as Barxas de Moaña e a Escola Inácio de Loyo en mTsaladzi de Mozambique , editados e animados con software 2D ( ver recursos).
Non vos perdades as marabillosas entradas nas que podedes ver un diario da escola Inácio de Loyo http://elrecreosolidario.blogspot.com.es/2016/04/smm-tuvimos-un-problema.html
No hay comentarios:
Publicar un comentario