sábado, 8 de noviembre de 2014

Tecendo ilusións, animación con transparencias


Tecendo ilusións from EduPlástica- Luz Beloso on Vimeo.

Esta animación é un traballo pendente que por fin conseguimos rematar este venres,  está realizado coa tradicional técnica de debuxar un a un cada cadro da animación co único fin de conseguir movemento, son máis de trescentos debuxos realizados en papel vexetal por Xabier e coloreados a medias con Laura, tratados  con suma delicadeza, moita paciencia e coa mesma ilusión da que nos falan no seu curto.
O proxecto é froito dunha pregunta realizada na aula: ¿Que é para vós a ilusión?, a resposta de Xabier Zúñiga cativoume de tal maneira que a pesar de non conseguir darlle forma o ano pasado decidimos retomala este curso, espero que vos guste tanto como a min, o seu traballo está realizado co corazón, coa humildade do que reborda talento e coa nobreza das persoas que realmente cren no que fan.

Deixo este texto escrito por Xabier explicando os elementos que dan forma a esta aventura animada.
"A ilusión: o motor que nos move para perseguir os nosos soños ata alcanzalos.
O verme: espera o seu momento para dar o primeiro paso, o máis importante de todos, que desencadea todo o que lle vai suceder despois.
A crisálida: é a paciencia, a resistencia, a esperanza.
O vento, a chuvia, a neve: son os obstáculos a superar para alcanzar os nosos soños.

A bolboreta no nariz: AGORA tócache a ti, comparte os teus soños e crea unha cadea de ilusións". 
Animación dirixida, escrita, ilustrada e editado por Xabier Zúñiga, coa axuda de Laura Trigo e a voz de Noemí Costas (para ver o video co poema ir ao seguinte ENLACE


   "Estamos feitos do mesmo tecido que os nosos soños". - William Shakespeare

No hay comentarios:

Publicar un comentario