jueves, 21 de junio de 2018

REGALA SORRISOS , FINALISTA no FIC DE BUEU


NOTICIA¡¡¡¡ a animación "Regala Sorrisos " do alumnado de "Animación" do IES as Barxas , Moaña , é unha das catro curtametraxes seleccionadas como finalistas no FIC DE BUEU na súa categoría , o 15 de setembro veranse proxectados no FESTIVAL , unha honra.
https://www.ficbueu.com/2018/06/20/seleccionadas-seccion-escolas/




domingo, 10 de junio de 2018

TEÑO MEDO ÁS PALABRAS, CARANGUEXO FILMS, MOAÑA


Xa temos a WEB co proxecto Audiovisual as Barxas "Somos a nosa memoria "¡¡¡ con 11 curtas...e aínda falta por subir "a muller Lamprea"..en proceso estamos.
En Educación Plástica cada novo curso traballamos creando distintos produtos audiovisuais que viran sempre ao redor dun tema. A motivación deste ano é "A MEMORIA”; trátase de guións realizados partindo dos recordos e a memoria dos nosos avós e avoas de Moaña. A memoria conéctanos cas vivencias da alma, cos cimentos do noso día a día. Este evento é unha homenaxe a todas e todos eles.

 https://luzbelos.wixsite.com/somosanosamemoria  #SOMOSCINE #cineyeducación #caranguexoFilms


Das 12 curtametraxes vou deixar esta ANIMACIÓN , o resto pódense ver entrando na web .

Realizada polo alumnado de 3º da ESO do IES AS BARXAS de Moaña. de Educación plástica, partindo do poema de Miguel Ángel Alonso Diz "teño medo ás palabras"
PREMIADA no certame audiovisual infantil e xuvenil 'O Museo de Pontevedra en curtametraxes'
2º PREMIO NA CATEGORÍA ALEVÍN