martes, 14 de junio de 2016

ANIMAMOS "Canta o cuco"



Aquí deixo dúas animacións realizas polos meus alumnos de plástica de 1º e 3ª da ESO , Un traballo realizado a partir do Libro "Canta ou cuco" editado por Galaxia na colección de Sonárbore, de Uxía  e Magín con Poemas de Manuel María.
Un traballo realizado co motivo de celebrar o día das letras galegas.




Falan de nós na CRTVG : http://www.crtvg.es/cultural/corte-a-corte/uxia-e-magin-blanco-estrean-o-videoclip-a-cidade-sobre-un-poema-de-manuel-maria





DIARIO DUNHA ROTOSCOPIA


Déixovos   esta entrada con dous exemplos de animacións realizadas este curso polo  alumnado de 3º ESO e 4º ESO coa técnica da rotoscopia.
A rotoscopia  consiste en debuxar os fotogramas uno a un a partir dun vídeo orixinal .
O proceso para realizala comeza coa gravación do vídeo  do que queremos animar.
Despois de gravar o vídeo procederemos á fragmentación deste en imaxes , para que o movemento sexa natural o ideal é  capturar 24 imaxes por cada segundo de animación , aínda que con 9 nós conseguimos un mínimo movemento.
Ao terminar de capturar  as imaxes  ou exportalas co imovie  imprimímolas , os meus  alumnos e alumnas realizaron a animación a man  debuxando un a un cada frame en papel vexetal .
Coas novas imaxes ( escaneadas ou fotografadas unha a unha co móbil, tablet ou unha cámara )   creamos a animación , podes realizala co  mesmo software  que utilizas para realizar  un stop motion , desde  o monkey jam  para windows ou o frame , o propio imovie para mac  ou movie maker para windows.
  1. http://monkeyjam.org 
  2. http://ticklypictures.com/ - /projects/0
  3. https://launchpad.net/luciole
  4. CITOPLASMAS, páxina  animación :  http://www.citoplasmas.com/blog/2010/09/28/stop-motion-software/
  5. Co movie maker , páxina COMPUTER HOY : http://computerhoy.com/paso-a-paso/software/crea-video-stop-motion-sencillo-movie-maker-4840
  6. FRAME by FRAME como facer unha rotoscopia : http://framebyframe.hol.es/tradicionais/rotoscopia.html

Animación de 3º ESO A-B IES as Barxas , canción "No al maltrato " -La Ziega

 "MAKING OF"

 


CABELOS DE BATALLA

 
Animación  de 4º ESO del IES as Barxas,   poema de Miguel Alonso Diz

Decorando o centro cos FRAMES 


Vídeo da  páxina FRAME by FRAME