domingo, 25 de junio de 2017

PREMIO INNOVACIÓN EDUCATIVA , PLAN PROXECTA



3º Premio de Innovación educativa para o IES AS BARXAS ca actividade creativa "Non fai 
falta ser un superheroe para deixar de fumar" realizada polo alumnado de Educación 
Plástica Visual e Audiovisual de  1 ESO B no plan proxecta clases sen fume convocado 
pola conselleria de educación e de sanidade.

#AnimaciónparaCONCIENCIAR



É un concurso educativo para a prevención do 
tabaquismo, dirixido a escolares de primeiro ciclo de ESO,
 é dicir de 12 a 14 anos, idade na que se dan os primeiros 
contactos co tabaco, tendo ás comunidades educativas 
como instrumento indispensable para a execución do 
proxecto.
Baséase no compromiso individual e colectivo (de toda a 
aula) de non fumar durante alomenos 6 meses, reforza o 
carácter voluntario da decisión de non fumar, facilita a 
presión de grupo positiva xerada pola complicidade dun 
grupo de adolescentes e un adulto , e reforza a confianza 
nun mesmo e nos demais, ao tempo que utiliza a 
recompensa - premio como incentivo.
Este programa forma parte do "Plan Proxecta" da Consellería de Educación.


PREMIO PARA 1º ESO B EDUCACIÓN PLÁSTICA IES AS BARXAS



O NOSO TRABALLO PREMIADO

jueves, 8 de junio de 2017

Somos o primeiro premio do concurso de curtametraxes sobre doazón e transplantes de órganos

REGALA SORRISOS from EduPlástica- Luz Beloso on Vimeo.
1º PREMIO “V Concurso de curtametraxes”
da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) Consellería de Sanidade
Animación 1º BACH
IES as BARXAS
Andres Lorenzo Rodríguez-Guión e idea
Xoán García García
Cristian Santiago Piñeiro
PROFESORA COORDINADORA Luz Beloso


Hoxe é o día do doante e os do IES as Barxas vimos de recoller o primeiro premio do concurso de curtametraxes sobre doazón e transplantes de órganos promovido pola Consellería de Sanidade .


A curta gañadora “Regala sorrisos salvando vidas”
estréase este 22 ás 17:00 , xunto con outras animacións do obradoiro de animación as Barxas no Festival audiovisual.
#AnimaciónparaConcienciar  #FestivalAudiovisualASBARXAS





viernes, 2 de junio de 2017

DAR VIDA

SEMENTA VIDA , DOA from EduPlástica- Luz Beloso on Vimeo.
Nome e apelidos dos/as autores/as :
Inés Camaño Gómez, Brais Solla González, José Manuel Rúa Estévez e Sira Martínez Santomé
Curso:
Segundo de bacharelato ANIMACIÓN, grupo A.
Profesora:Luz Beloso
IES as Barxas, Moaña
http://educortos.blogspot.com.es
http://animacioneducacionplastica.blogspot.com.es
Este ano puxemos en marcha a materia de ANIMACIÓN no IES as Barxas , esta é unha das pezas  saídas de 2º de BACH,  sinxela pero contundente.



DAR VIDA from EduPlástica- Luz Beloso on Vimeo.


No Festival  deste ano introduciremos o apartado "ANIMACIÓN PARA CONCIENCIAR ",  no que estrearemos  entre outros traballos  a obra  “Regala sorrisos salvando vidas”, gañadora do concurso de curtametraxes sobre doazón e transplantes de órganos promovido pola Consellería de Sanidade.

Este mércores día 7 de xuño #díanacionaldodoador achegarémonos o Salón de Actos da Consellería de Sanidade para recoller o premio.
PARABÉNS a tod@s¡¡
#AnimaciónparaConcienciar  #FestivalAudiovisualASBARXAS