lunes, 15 de diciembre de 2014

TEMPO DE NADAL

 
Tempo de Nadal, tempo de dar vida aos nosos soños
Esta é a mensaxe da videocreación dos alumno@s de debuxo artístico creada para felicitarvos o Nadal desde a nosa Bibliobernardino , trátase dunha reinterpretación da obra de Castelao.Felices festas a tod@s¡¡


TEMPO DE NADAL from EduPlástica- Luz Beloso on Vimeo.
Alumn@s de debuxo artístico do IES as Barxas.
Videocreación inspirada na obra de Castelao
Animación 2D
Video Educación





domingo, 30 de noviembre de 2014

FRIDA


FRIDA from EduPlástica- Luz Beloso on Vimeo.
dibujo artístico IES as Barxas



Cando propuxen a interpretación da obra de Frida, case ninguén a coñecía, unha pequena introdución á súa obra e á súa vida foron suficientes para motivar os meus alumn@s de debuxo artístico .


Con moito entusiasmo comezamos a traballar  nesta videcreación, este é o noso pequeno tributo a unha artista que será sempre eterna, que amaba a vida con paixón, a pesar de todo o que lle tocou vivir.


Os autores 



 




PAISAXE

Unha animación de Maria Piñeiro, alumna de DEBUXO ARTÍSTICO 

Partimos sempre do story para indicar os movementos e as
ilustracións que necesitamos para animar.

Story
Curta, finalista no concurso  nacional "no te cortes ", na categoría "COMPROMISO SOCIAL" ¡https://vimeo.com/112476773
http://blog.talentsunited.com/nominados-reto-no-te-cortes-…/


Paisaje from EduPlástica- Luz Beloso on Vimeo.
Vídeo-creación de Maria Piñeiro, realizada en debuxo artístico ,
IES as BARXAS
Profesor coordinador Luz Beloso
Soamente sobresaía o seu sombreiro,
nadaba sobre o seu sangue,
soltando o seu sexto suspiro,
sumíase suplicando o seu socorro
Non deixes que a pobreza se transforme en parte da paisaxe
video educación, formación.

jueves, 20 de noviembre de 2014

ARTE E CIENCIA




CIENCIA y ARTE from EduPlástica- Luz Beloso on Vimeo.
Animación 2D
Traballo Interdisciplinar coa miña compañeira Paloma Pérez, Educación Plástica e ciencias demostran que a ciencia pode ser moi fermosa

sábado, 8 de noviembre de 2014

Tecendo ilusións, animación con transparencias


Tecendo ilusións from EduPlástica- Luz Beloso on Vimeo.

Esta animación é un traballo pendente que por fin conseguimos rematar este venres,  está realizado coa tradicional técnica de debuxar un a un cada cadro da animación co único fin de conseguir movemento, son máis de trescentos debuxos realizados en papel vexetal por Xabier e coloreados a medias con Laura, tratados  con suma delicadeza, moita paciencia e coa mesma ilusión da que nos falan no seu curto.
O proxecto é froito dunha pregunta realizada na aula: ¿Que é para vós a ilusión?, a resposta de Xabier Zúñiga cativoume de tal maneira que a pesar de non conseguir darlle forma o ano pasado decidimos retomala este curso, espero que vos guste tanto como a min, o seu traballo está realizado co corazón, coa humildade do que reborda talento e coa nobreza das persoas que realmente cren no que fan.

Deixo este texto escrito por Xabier explicando os elementos que dan forma a esta aventura animada.
"A ilusión: o motor que nos move para perseguir os nosos soños ata alcanzalos.
O verme: espera o seu momento para dar o primeiro paso, o máis importante de todos, que desencadea todo o que lle vai suceder despois.
A crisálida: é a paciencia, a resistencia, a esperanza.
O vento, a chuvia, a neve: son os obstáculos a superar para alcanzar os nosos soños.

A bolboreta no nariz: AGORA tócache a ti, comparte os teus soños e crea unha cadea de ilusións". 
Animación dirixida, escrita, ilustrada e editado por Xabier Zúñiga, coa axuda de Laura Trigo e a voz de Noemí Costas (para ver o video co poema ir ao seguinte ENLACE


   "Estamos feitos do mesmo tecido que os nosos soños". - William Shakespeare

sábado, 1 de noviembre de 2014

Animando a Vincent van Gogh


Esta é a primeira entrada da que espero sexan unha secuencia de actividades na que tod@s poidamos ver na animación unha fonte de motivación, e un recurso para a educación plástica.
 As ganas de seguir aprendendo, motivando, experimentado e buscando novos recursos, son o motor deste blog.
A actividade trátase dun traballo  realizado polas miñas alumnas de debuxo artístico; María PiñeiroJessica Miranda e Nuria Souto.
Primeiro realizaron en acuarela os fondos dos cadros a interpretar  e as figuras que se deberían mover sobre o escenario, para logo planificar que movementos dar a cada figura. Traballaron a ilustración tradicional, a dixital, con software de animación 2D, (ver ENLACE) e a edición de vídeo
 A integración das TIC na Educación Artística é fonte de motivación. Animación e ilustración poden ir da man, dándolle un toque de maxia ao noso traballo. 

Aquí tedes o resultado, uns xirasoles que viaxan a través do tempo e polos cadros de Vincent van Gogh.



 Animando a Vincent van Gogh from EduPlástica- Luz Beloso on Vimeo.


                                                        Ilustración tradicional



                                                             Ilustración dixital

Animación 2D
Nuria 


Jessica "e mentres no pobo durmían, os soños dos nenos, e non tan nenos, debuxábanse no escuro ceo."

María



        "A técnica cambia, pero a arte permanece sempre igual"
                Claude Monet