Mostrando entradas con la etiqueta DEBUXO ARTÍSTICO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta DEBUXO ARTÍSTICO. Mostrar todas las entradas

jueves, 25 de febrero de 2016

ANIMACIÓN 2D PARA CONCIENCIAR :ENDOMETRIOSE

Grazas a unha proposta de Ana Moreiras, leamos a manta á cabeza e decidimos empezar este proxecto .
A nosa primeira meta é como sempre comunicar, comunicar mediante a animación ,  pero para iso os meus alumn@s necesitaban documentación , empezamos a informarnos  sobre a endometriose , unha gran descoñecida para moitos de nós, con todo unha enfermidade que afecta a moitísimas mulleres , preto do 10 ao 15% da poboación feminina que estea diagnosticada, tendo en conta que  tarda anos en ser  diagnosticada, é unha enfermidade  sobre a que apenas se investiga , ignorada , invisibilizada , unha enfermidade que  só afecta as mulleres .
A idea da curta xurdiu do texto da páxina de facebook 


         
Nos esperamos que esta tea de araña desapareza  e querEMOS que se investigue axiña .

O fantástico slogan "Non somos invisibles. Que a endometriose tampouco o sexa" idea da nosa "gherrilleira violeta"  Iria Collazo.
A animación, ilustracións e realización do vídeo, dos meus artistas de 1º BACH de debuxo artístico do IES as Barxas.


Escoitar o que vos queren dicir.







sábado, 5 de diciembre de 2015

A XUSTIZA POLA MAN, POEMA ANIMADO

A xustiza pola man - Rosalía de Castro from EduPlástica- Luz Beloso on Vimeo.

A xustiza pola man - Rosalía de Castro
Premio OLLOBOI ANIMACIÓN 2015
Traballo d@s Alumn@s de debuxo artístico- IES as Barxas
Voz :Inés Padín
Profesor coordinador : Luz Beloso

jueves, 3 de diciembre de 2015

Lenda da Paralaia

Traballo interdisciplinar no que os alumn@s de debuxo artístico parten dun relato ,  para despois ilustrarlo mediante uns murais que interveñen nun espazo do noso centro .
 Nunha segunda fase sácanse fotos dos traballos para  pasar á   edición  , separan por capas os personaxes para  animalos finalmente e darlle vida.
 O  equipo de normalización engádelle as voces e edita o son.

Este é o resultado , esperamos que vos guste.

Lenda da Paralaia from EduPlástica- Luz Beloso on Vimeo.
EDNL e Departamento de educación plástica do IES As Barxas
Murales e animación 1º Bacharelato de DEBUXO ARTÍSTICO
Voces alumnado da ESO do EDLN
Obradoiro plásticasbarxas
EDLN Lingua que traba
Proxecto profesores: Brais Pérez e Luz Beloso
Horror Music de Audionautix está sujeta a una licencia de Creative Commons Attribution (https://creativecommons.org/licenses/by/4.0/)
Artista: http://audionautix.com/
LENDA DA PARALAIA (Recollida de Eugenio Freire Pérez. 44 anos. Colexio de Reíbón, 1986, e tirada do blogue Lendas de Moaña)



domingo, 26 de abril de 2015

+ARTE CON FRANK GEHRY



Este vídeo realizado polas miñas alumnas de debuxo artístico acaba de recibir unha Mención especial pola Fundación princesa de Asturias pola súa calidade e a súa estética, quedando finalistas en segundo lugar na categoría de Bacharelato #ElArteImporta

GRAZAS  A "Morrazo al Día"  polo seu fermoso e completo artigo http://morrazoaldia.com/gl/la-fundacion-princesa-de-asturias-elogia-la-calidad-audiovisual-de-moana/




FRANK GEHRY from EduPlástica- Luz Beloso on Vimeo.
Alumnas de debuxo artístico
Nuria Souto
Maria Piñeiro
Jessica Miranda
Música : Josh Woodward , web Jamendo
profesor :Luz Beloso
Mención especial por la Fundación princesa de Asturias por su calidad y su estética, quedando finalistas en segundo lugar en la categoría de Bachillerato, http://www.fpa.es/concurso/acta-del-jurado/

lunes, 15 de diciembre de 2014

TEMPO DE NADAL

 
Tempo de Nadal, tempo de dar vida aos nosos soños
Esta é a mensaxe da videocreación dos alumno@s de debuxo artístico creada para felicitarvos o Nadal desde a nosa Bibliobernardino , trátase dunha reinterpretación da obra de Castelao.Felices festas a tod@s¡¡


TEMPO DE NADAL from EduPlástica- Luz Beloso on Vimeo.
Alumn@s de debuxo artístico do IES as Barxas.
Videocreación inspirada na obra de Castelao
Animación 2D
Video Educación





domingo, 30 de noviembre de 2014

FRIDA


FRIDA from EduPlástica- Luz Beloso on Vimeo.
dibujo artístico IES as Barxas



Cando propuxen a interpretación da obra de Frida, case ninguén a coñecía, unha pequena introdución á súa obra e á súa vida foron suficientes para motivar os meus alumn@s de debuxo artístico .


Con moito entusiasmo comezamos a traballar  nesta videcreación, este é o noso pequeno tributo a unha artista que será sempre eterna, que amaba a vida con paixón, a pesar de todo o que lle tocou vivir.


Os autores 



 




PAISAXE

Unha animación de Maria Piñeiro, alumna de DEBUXO ARTÍSTICO 

Partimos sempre do story para indicar os movementos e as
ilustracións que necesitamos para animar.

Story
Curta, finalista no concurso  nacional "no te cortes ", na categoría "COMPROMISO SOCIAL" ¡https://vimeo.com/112476773
http://blog.talentsunited.com/nominados-reto-no-te-cortes-…/


Paisaje from EduPlástica- Luz Beloso on Vimeo.
Vídeo-creación de Maria Piñeiro, realizada en debuxo artístico ,
IES as BARXAS
Profesor coordinador Luz Beloso
Soamente sobresaía o seu sombreiro,
nadaba sobre o seu sangue,
soltando o seu sexto suspiro,
sumíase suplicando o seu socorro
Non deixes que a pobreza se transforme en parte da paisaxe
video educación, formación.

sábado, 1 de noviembre de 2014

Animando a Vincent van Gogh


Esta é a primeira entrada da que espero sexan unha secuencia de actividades na que tod@s poidamos ver na animación unha fonte de motivación, e un recurso para a educación plástica.
 As ganas de seguir aprendendo, motivando, experimentado e buscando novos recursos, son o motor deste blog.
A actividade trátase dun traballo  realizado polas miñas alumnas de debuxo artístico; María PiñeiroJessica Miranda e Nuria Souto.
Primeiro realizaron en acuarela os fondos dos cadros a interpretar  e as figuras que se deberían mover sobre o escenario, para logo planificar que movementos dar a cada figura. Traballaron a ilustración tradicional, a dixital, con software de animación 2D, (ver ENLACE) e a edición de vídeo
 A integración das TIC na Educación Artística é fonte de motivación. Animación e ilustración poden ir da man, dándolle un toque de maxia ao noso traballo. 

Aquí tedes o resultado, uns xirasoles que viaxan a través do tempo e polos cadros de Vincent van Gogh.



 Animando a Vincent van Gogh from EduPlástica- Luz Beloso on Vimeo.


                                                        Ilustración tradicional



                                                             Ilustración dixital

Animación 2D
Nuria 


Jessica "e mentres no pobo durmían, os soños dos nenos, e non tan nenos, debuxábanse no escuro ceo."

María



        "A técnica cambia, pero a arte permanece sempre igual"
                Claude Monet