jueves, 25 de febrero de 2016

ANIMACIÓN 2D PARA CONCIENCIAR :ENDOMETRIOSE

Grazas a unha proposta de Ana Moreiras, leamos a manta á cabeza e decidimos empezar este proxecto .
A nosa primeira meta é como sempre comunicar, comunicar mediante a animación ,  pero para iso os meus alumn@s necesitaban documentación , empezamos a informarnos  sobre a endometriose , unha gran descoñecida para moitos de nós, con todo unha enfermidade que afecta a moitísimas mulleres , preto do 10 ao 15% da poboación feminina que estea diagnosticada, tendo en conta que  tarda anos en ser  diagnosticada, é unha enfermidade  sobre a que apenas se investiga , ignorada , invisibilizada , unha enfermidade que  só afecta as mulleres .
A idea da curta xurdiu do texto da páxina de facebook 


         
Nos esperamos que esta tea de araña desapareza  e querEMOS que se investigue axiña .

O fantástico slogan "Non somos invisibles. Que a endometriose tampouco o sexa" idea da nosa "gherrilleira violeta"  Iria Collazo.
A animación, ilustracións e realización do vídeo, dos meus artistas de 1º BACH de debuxo artístico do IES as Barxas.


Escoitar o que vos queren dicir.







miércoles, 3 de febrero de 2016

AUL@ANIMADA , Finalista no 1º Premio Hiares Arte e Cultura




Este pasado fin de semana fomos a Madrid á  xornada "Colaborar para Ensinar" concibida grazas á unión da fundación Colegio Base e a Asociación Espiral, Educación e Tecnoloxía. 
O seu obxectivo principal é  mostrar unha selección de experiencias baseadas na colaboración que se realizan a nivel intercentros. 

Entre elas presentou M Jose Soto , o proxecto que deu a luz ao noso querido BARXILÓN "BARXAS EMPRENDE: CREACIÓN DE UNA EDITORIAL e que  levou o Premio Fundación Colexio Base.
Ver ENLACE

Ademais o noso blogue Aul@animada  quedou Finalista no 1º Premio Hiares Arte e Cultura, xunto cos fantásticos proxectos "Madeiras que son violíns", 1º premio e Mate+TICS y Arte , que tamén quedou finalista. 


                    PARABÉNS A TOD@S¡¡ 
OS NOS@S ALUMN@s