Mostrando entradas con la etiqueta PRENSA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PRENSA. Mostrar todas las entradas

jueves, 8 de junio de 2017

Somos o primeiro premio do concurso de curtametraxes sobre doazón e transplantes de órganos

REGALA SORRISOS from EduPlástica- Luz Beloso on Vimeo.
1º PREMIO “V Concurso de curtametraxes”
da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) Consellería de Sanidade
Animación 1º BACH
IES as BARXAS
Andres Lorenzo Rodríguez-Guión e idea
Xoán García García
Cristian Santiago Piñeiro
PROFESORA COORDINADORA Luz Beloso


Hoxe é o día do doante e os do IES as Barxas vimos de recoller o primeiro premio do concurso de curtametraxes sobre doazón e transplantes de órganos promovido pola Consellería de Sanidade .


A curta gañadora “Regala sorrisos salvando vidas”
estréase este 22 ás 17:00 , xunto con outras animacións do obradoiro de animación as Barxas no Festival audiovisual.
#AnimaciónparaConcienciar  #FestivalAudiovisualASBARXAS





lunes, 7 de noviembre de 2016

"Escolas en Rede" - proxecto "superheroes e superheroínas"



Comparto estés marabillosos  artigos de Rodrigo J Garcia na edición dixital do Blogue do País "Escolas en Rede" sobre o proxecto "superheroes e superheroínas"
http://blogs.elpais.com/escuelas-en-red/2016/11/superheroes-en-el-instituto-moaña.html








Grazas Rodrigo , por compartir tantas e tantas experiencias de aula , que demostran que  hai unha educación publica  que  temos que valorar e defender , unha educación pública marabillosa grazas aos docentes que habitan nela, eles son os meus superheroes e superheroínas .  
 #aArteIMPORTA,  e importa tamén a súa presenza na educación.


lunes, 19 de septiembre de 2016

'Cabelos de batalla'"mellor curtametraxe de escola " no festival FICBUEU 2016.

CABELOS DE BATALLA from EduPlástica- Luz Beloso on Vimeo.


A nosa curta animada  'Cabelos de batalla' que trata sobre a dura loita contra o cancro infantil, realizada polos alumnos e alumnas de 4ºESO: Nerea Rosales, Manuel Escudeiro, Daniel Blanco, Lucía Freire, Diego Costa e Iria Portela   en  Educación Plástica e Visual  para o proxecto SUPERHEROES &SUPERHEROÍNAScon poema do escritor Miguel Ángel Alonso Diz e voz de Inés Padín , acaba  de recibir o  premio  a "mellor curtametraxe de escola  " do prestixioso festival FICBUEU 2016





Este é un vídeo realizado por unha das alumnas  en pleno proceso, traballando coa técnica da rotoscopia .
1º gravaron o vídeo , o fragmentaron  en centos de imaxes e as fotocopiaron  para debuxalas unha a unha.
Coas novas imaxes escaneadas  creamos a animación .