Mostrando entradas con la etiqueta AULAS SEN FUME. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta AULAS SEN FUME. Mostrar todas las entradas

domingo, 25 de junio de 2017

PREMIO INNOVACIÓN EDUCATIVA , PLAN PROXECTA



3º Premio de Innovación educativa para o IES AS BARXAS ca actividade creativa "Non fai 
falta ser un superheroe para deixar de fumar" realizada polo alumnado de Educación 
Plástica Visual e Audiovisual de  1 ESO B no plan proxecta clases sen fume convocado 
pola conselleria de educación e de sanidade.

#AnimaciónparaCONCIENCIAR



É un concurso educativo para a prevención do 
tabaquismo, dirixido a escolares de primeiro ciclo de ESO,
 é dicir de 12 a 14 anos, idade na que se dan os primeiros 
contactos co tabaco, tendo ás comunidades educativas 
como instrumento indispensable para a execución do 
proxecto.
Baséase no compromiso individual e colectivo (de toda a 
aula) de non fumar durante alomenos 6 meses, reforza o 
carácter voluntario da decisión de non fumar, facilita a 
presión de grupo positiva xerada pola complicidade dun 
grupo de adolescentes e un adulto , e reforza a confianza 
nun mesmo e nos demais, ao tempo que utiliza a 
recompensa - premio como incentivo.
Este programa forma parte do "Plan Proxecta" da Consellería de Educación.


PREMIO PARA 1º ESO B EDUCACIÓN PLÁSTICA IES AS BARXAS



O NOSO TRABALLO PREMIADO

domingo, 30 de abril de 2017

AULAS SEN FUME


Este trimestre pasado , estivemos a traballar de cheo no proxecto "AULAS SEN FUME",  un concurso educativo para a prevención do tabaquismo, dirixido a escolares de primeiro ciclo de ESO.
Este programa forma parte do "Plan Proxecta" dá Consellería de Educación.
Dirixido a nenos e nenas de 12 a 14 anos, idade na que se dan os primeiros contactos co tabaco.
Baséase no compromiso individual e colectivo (de toda a aula) de non fumar durante alomenos 6 meses, reforza o carácter voluntario da decisión de non fumar, facilita a presión de grupo positiva xerada pola complicidade dun grupo de adolescentes e un adulto (titor/a), e reforza a confianza nun mesmo e nos demais.

1ª- Despois de realizar unha serie de carteis , os alumnos e alumnas de 1º da ESO A e B escollemos o que máis nos gustaba para representar a clase .




 2º- Traballamos ao redor do slogan escollido en cada aula , realizamos un guión  e o seu story board .




3º Probamos por primeira vez distintas técnicas de animación e quedámonos con estes dous proxectos  dos realizados na aula , esperamos que vos gusten.




1 ESO A



1 ESO B