Mostrando entradas con la etiqueta Animando ARTE. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Animando ARTE. Mostrar todas las entradas

domingo, 15 de febrero de 2015

+ARTE



Déixovos estes dous fermosos artigos de Rodrigo J. García. Especialista en redes sociais e cambio educativo. Asesor para o desenvolvemento de prácticas democráticas de aprendizaxe en institucións educativas.
 Grazas Rodrigo por divulgar no blog do país: Escuelas en Red as nosas experiencias, ,isto son cápsulas de enerxía para nós.
Pese a que a actual Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa (LOMCE) sitúa os ensinos artísticos no espazo do non obligatorio, o opcional, malia iso, nos seguiremos traballando co mesmo entusiasmo, coa esperanza de que algún día a ARTE teña o espazo que se merece na educación.

  1. http://blogs.elpais.com/escuelas-en-red/2015/02/mas_arte.html
  2. http://blogs.elpais.com/escuelas-en-red/2015/02/el_compromiso_del_arte.html





lunes, 15 de diciembre de 2014

TEMPO DE NADAL

 
Tempo de Nadal, tempo de dar vida aos nosos soños
Esta é a mensaxe da videocreación dos alumno@s de debuxo artístico creada para felicitarvos o Nadal desde a nosa Bibliobernardino , trátase dunha reinterpretación da obra de Castelao.Felices festas a tod@s¡¡


TEMPO DE NADAL from EduPlástica- Luz Beloso on Vimeo.
Alumn@s de debuxo artístico do IES as Barxas.
Videocreación inspirada na obra de Castelao
Animación 2D
Video Educación





domingo, 30 de noviembre de 2014

FRIDA


FRIDA from EduPlástica- Luz Beloso on Vimeo.
dibujo artístico IES as Barxas



Cando propuxen a interpretación da obra de Frida, case ninguén a coñecía, unha pequena introdución á súa obra e á súa vida foron suficientes para motivar os meus alumn@s de debuxo artístico .


Con moito entusiasmo comezamos a traballar  nesta videcreación, este é o noso pequeno tributo a unha artista que será sempre eterna, que amaba a vida con paixón, a pesar de todo o que lle tocou vivir.


Os autores 



 




sábado, 1 de noviembre de 2014

Animando a Vincent van Gogh


Esta é a primeira entrada da que espero sexan unha secuencia de actividades na que tod@s poidamos ver na animación unha fonte de motivación, e un recurso para a educación plástica.
 As ganas de seguir aprendendo, motivando, experimentado e buscando novos recursos, son o motor deste blog.
A actividade trátase dun traballo  realizado polas miñas alumnas de debuxo artístico; María PiñeiroJessica Miranda e Nuria Souto.
Primeiro realizaron en acuarela os fondos dos cadros a interpretar  e as figuras que se deberían mover sobre o escenario, para logo planificar que movementos dar a cada figura. Traballaron a ilustración tradicional, a dixital, con software de animación 2D, (ver ENLACE) e a edición de vídeo
 A integración das TIC na Educación Artística é fonte de motivación. Animación e ilustración poden ir da man, dándolle un toque de maxia ao noso traballo. 

Aquí tedes o resultado, uns xirasoles que viaxan a través do tempo e polos cadros de Vincent van Gogh.



 Animando a Vincent van Gogh from EduPlástica- Luz Beloso on Vimeo.


                                                        Ilustración tradicional



                                                             Ilustración dixital

Animación 2D
Nuria 


Jessica "e mentres no pobo durmían, os soños dos nenos, e non tan nenos, debuxábanse no escuro ceo."

María



        "A técnica cambia, pero a arte permanece sempre igual"
                Claude Monet