Mostrando entradas con la etiqueta 1º ESO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 1º ESO. Mostrar todas las entradas

domingo, 30 de abril de 2017

AULAS SEN FUME


Este trimestre pasado , estivemos a traballar de cheo no proxecto "AULAS SEN FUME",  un concurso educativo para a prevención do tabaquismo, dirixido a escolares de primeiro ciclo de ESO.
Este programa forma parte do "Plan Proxecta" dá Consellería de Educación.
Dirixido a nenos e nenas de 12 a 14 anos, idade na que se dan os primeiros contactos co tabaco.
Baséase no compromiso individual e colectivo (de toda a aula) de non fumar durante alomenos 6 meses, reforza o carácter voluntario da decisión de non fumar, facilita a presión de grupo positiva xerada pola complicidade dun grupo de adolescentes e un adulto (titor/a), e reforza a confianza nun mesmo e nos demais.

1ª- Despois de realizar unha serie de carteis , os alumnos e alumnas de 1º da ESO A e B escollemos o que máis nos gustaba para representar a clase .




 2º- Traballamos ao redor do slogan escollido en cada aula , realizamos un guión  e o seu story board .




3º Probamos por primeira vez distintas técnicas de animación e quedámonos con estes dous proxectos  dos realizados na aula , esperamos que vos gusten.




1 ESO A



1 ESO B
 

sábado, 11 de abril de 2015

Aumentando a realidade nas Barxas, 1º ESO D

A inspiración chegou cun vídeo que circulaba pola rede entre os  meus compañeiros de  educación plástica, ver enlace.
 Os alumn@s de 1º ESO D  entusiasmáronse coa idea de cambiar máis aínda a realidade da aula e enchela de seres animados, aquí déixovos os seus simpáticos traballos .
 Trátase dunha realidade aumentada creada con acetato, típex e rotulador permanente .




Aumentando a realidade nas Barxas from EduPlástica- Luz Beloso on Vimeo.

Aumentando a realidade nas Barxas
1º ESO D -EDUCACIÓN PLÁSTICA
Música-Juanitos- glitter bomb.