Mostrando entradas con la etiqueta RECURSOS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta RECURSOS. Mostrar todas las entradas

miércoles, 2 de enero de 2019

viernes, 20 de octubre de 2017

RETRATO ANIMADO CON ANIMATION DESK

Grazas a unha invitación de Mercedes Ruiz realicei esta proposta didáctica  , convídovos a participar con ela no proxecto Wonder , e compartir os resultados animados dos teus alumnos e alumnas no blogue "Contamos con eMOTION" #EDUmaridaje

Olivia (Via) a irmá maior de August adora ao seu irmán, aínda que algunhas veces  sente que é desprazada por el.  Para ela August é o sol e todos viran ao redor del, como os planetas.


     A proposta desta actividade  parte da mirada de Via, sobre como ela ve a August. Nunha pasaxe realiza unha descrición obxectiva do seu aspecto, pero afirma non velo como o resto da xente. Ela sabe que o esencial non é visible aos ollos.
Anímote a realizar o teu autorretrato esencial e transformalo nun elemento ou figura que che defina a modo de metáfora, quen es en realidade?, mira máis aló do simple envoltorio no que se basea a nosa aparencia exterior. Crea unha metáfora animada para entender como es  coa app "animation desk" (a súa descarga é gratuíta para Android e para IOS)
       Descobre o animador que levas dentro!.










      Ao terminar a túa animación terala en formato vídeo, só necesitas convertela nun gif , para iso utilizaremos :
                       
via GIPHY

      Observa este exemplo para inspirarte,  http://gph.is/2gDrESE esta aloxado na plataforma GHIPY onde podes  colgar os teus gifs e compartilos en twitter co hashtag #soyxqsomos


           TUTORIAL ANIMATION DESK  https://youtu.be/1klmPEaAl_0

            
@LuzBeloso

domingo, 29 de enero de 2017

SOFTWARE LIBRE STOP MOTION

"EL OLIVO"


Esta é a miña proposta didáctica para a película "el olivo" , unha fermosa historia para os que cremos  que un mundo mellor é posible. Unha auténtica xoia da arte audiovisual dirixida por ICIAR BOLLAIN é candidata a 14 nomeamentos aos premios Goya.
Se  queredes podedes compartila , ou utilizala  para traballar na aula, unha proposta que vos animo a facer e compartir: no espazo  colaborativo Contamos con eMotion  e na rede co hashtag #elolivoedu #elolivo
Grazas a Mercedes @londones por incluírme nesta gran aventura colaborativa na que estamos metidos unha marea de profesores de todos os recunchos da península, viva a arte en clave AUDIOVISUAL.

EL OLIVO “Sostenibilidad en stop motion” from EduPlástica- Luz Beloso on Vimeo.





Tamén vos deixo esta animación realizada polo meu alumnado de 1º ESO do IES as BARXAS, partindo da unidade didáctica .

"EL OLIVO" 1º ESO


EL OLIVO from EduPlástica- Luz Beloso on Vimeo.
EDUCACIÓN PLÁSTICA , IES as Barxas


martes, 22 de noviembre de 2016

ANIMACIÓN con PhotoPuppet HD



PhotoPuppet HD é unha sinxela aplicación de IOS que lle vai a dar vida  ás vosas historias  ou proxectos animados .

As vantaxes desta aplicación son:
  • Permíteche traballar coas ilustracións ou gráficos  do teu alumnado
  • Non necesitas coñecementos técnicos de animación .
  • É unha aplicación moi sinxela
  • Nuns minutos aprenderás a usala, os resultados son inmediatos.
Unha nota importante:
Cando fotografes ou captures as ilustracións, recorta previamente os debuxos e colócaos
sobre un fondo contrastado para que sexa máis doado separar a figura do fondo.
  • Primeiro crea un  guión , despois o Animatic , exporta os teus trociños de animación e xúntaos cun editor de vídeo.
Déixovos dous exemplos de animacións realizadas  polo meu alumnado con este aplicación. 
    *PHOTOPUPPET es una sencilla aplicación de IOS que os ayudará a darle vida a vuestras historias .
    Las ventajas de esta aplicación son:
    Te permite trabajar con las ilustraciones  de tu alumnado.
    No necesitas conocimientos técnicos de animación.
    Es una aplicación muy sencilla, en unos minutos aprenderás a usarla.

    Una nota importante:
    Cuando fotografíes o captures las ilustraciones , recórtalas previamente y colócalas sobre un fondo contrastado para que sea más sencillo separar la figura del fondo.


    Os dejo dos ejemplos de animaciones realizadas  por mi alumnado con este aplicación.


      Esta animación está realizada polos alumn@s de 1º BACH de debuxo artístico do IES as Barxas para o proxecto engurras.
      O relato é do escritor Miguel Ángel Alonso Diz.  A voz en off é da nosa querida profe de galego Matilde.






    martes, 14 de junio de 2016

    DIARIO DUNHA ROTOSCOPIA


    Déixovos   esta entrada con dous exemplos de animacións realizadas este curso polo  alumnado de 3º ESO e 4º ESO coa técnica da rotoscopia.
    A rotoscopia  consiste en debuxar os fotogramas uno a un a partir dun vídeo orixinal .
    O proceso para realizala comeza coa gravación do vídeo  do que queremos animar.
    Despois de gravar o vídeo procederemos á fragmentación deste en imaxes , para que o movemento sexa natural o ideal é  capturar 24 imaxes por cada segundo de animación , aínda que con 9 nós conseguimos un mínimo movemento.
    Ao terminar de capturar  as imaxes  ou exportalas co imovie  imprimímolas , os meus  alumnos e alumnas realizaron a animación a man  debuxando un a un cada frame en papel vexetal .
    Coas novas imaxes ( escaneadas ou fotografadas unha a unha co móbil, tablet ou unha cámara )   creamos a animación , podes realizala co  mesmo software  que utilizas para realizar  un stop motion , desde  o monkey jam  para windows ou o frame , o propio imovie para mac  ou movie maker para windows.
    1. http://monkeyjam.org 
    2. http://ticklypictures.com/ - /projects/0
    3. https://launchpad.net/luciole
    4. CITOPLASMAS, páxina  animación :  http://www.citoplasmas.com/blog/2010/09/28/stop-motion-software/
    5. Co movie maker , páxina COMPUTER HOY : http://computerhoy.com/paso-a-paso/software/crea-video-stop-motion-sencillo-movie-maker-4840
    6. FRAME by FRAME como facer unha rotoscopia : http://framebyframe.hol.es/tradicionais/rotoscopia.html

    Animación de 3º ESO A-B IES as Barxas , canción "No al maltrato " -La Ziega

     "MAKING OF"

     


    CABELOS DE BATALLA

     
    Animación  de 4º ESO del IES as Barxas,   poema de Miguel Alonso Diz

    Decorando o centro cos FRAMES 


    Vídeo da  páxina FRAME by FRAME 

    martes, 8 de marzo de 2016

    Como facer un HOLOGRAMA animado con VECTORIAN GIOTTO.

    Este 8 de marzo decidimos resucitar á marabillosa Maruja Mallo, muller, artista e galega , para iso só necesitamos:
    • Un editor de fotos , Gimp para montar as imaxes fixas en cruz .
    • Para animar o noso holograma o software libre, Vectorian  Giotto.
    • Un editor de vídeo para xuntar o noso traballo.
    • Por último unhas láminas de acetato, para proxectar o vídeo do noso computador nas paredes dunha pirámide truncada. Se queres ver a EXPERIENCIA COMPLETA , VER LIGAZÓN


    Como facer un HOLOGRAMA animado con VECTORIAN GIOTTO from EduPlástica- Luz Beloso on Vimeo.








    miércoles, 23 de diciembre de 2015

    XEOMETRÍA ANIMADA con Vectorian Giotto ,alumn@s 3º ESO


    "Metamorphosis "

    Primeiras animacións con vectorian giotto en 3º ESO C , dentro do software 2D LIBRE , este é un dos  mais agradecidos.
    Ao exportar a animación faino en formato flash, nós cambiámolo a mov co conversor  swivel.
    Deixo aquí a páxina cos tutoriais : http://framebyframe.hol.es/software/giotto1.html .


    https://www.youtube.com/watch?v=K-Sh5jUk4dk

    Ademais do Vectorian e o coñecido Pencil  para animación 2D, temos:

    XEOMETRÍA ANIMADA- 3º ESO ,Plástica as Barxas from EduPlástica- Luz Beloso on Vimeo.