martes, 8 de marzo de 2016

Como facer un HOLOGRAMA animado con VECTORIAN GIOTTO.

Este 8 de marzo decidimos resucitar á marabillosa Maruja Mallo, muller, artista e galega , para iso só necesitamos:
  • Un editor de fotos , Gimp para montar as imaxes fixas en cruz .
  • Para animar o noso holograma o software libre, Vectorian  Giotto.
  • Un editor de vídeo para xuntar o noso traballo.
  • Por último unhas láminas de acetato, para proxectar o vídeo do noso computador nas paredes dunha pirámide truncada. Se queres ver a EXPERIENCIA COMPLETA , VER LIGAZÓN


Como facer un HOLOGRAMA animado con VECTORIAN GIOTTO from EduPlástica- Luz Beloso on Vimeo.








jueves, 25 de febrero de 2016

ANIMACIÓN 2D PARA CONCIENCIAR :ENDOMETRIOSE

Grazas a unha proposta de Ana Moreiras, leamos a manta á cabeza e decidimos empezar este proxecto .
A nosa primeira meta é como sempre comunicar, comunicar mediante a animación ,  pero para iso os meus alumn@s necesitaban documentación , empezamos a informarnos  sobre a endometriose , unha gran descoñecida para moitos de nós, con todo unha enfermidade que afecta a moitísimas mulleres , preto do 10 ao 15% da poboación feminina que estea diagnosticada, tendo en conta que  tarda anos en ser  diagnosticada, é unha enfermidade  sobre a que apenas se investiga , ignorada , invisibilizada , unha enfermidade que  só afecta as mulleres .
A idea da curta xurdiu do texto da páxina de facebook 


         
Nos esperamos que esta tea de araña desapareza  e querEMOS que se investigue axiña .

O fantástico slogan "Non somos invisibles. Que a endometriose tampouco o sexa" idea da nosa "gherrilleira violeta"  Iria Collazo.
A animación, ilustracións e realización do vídeo, dos meus artistas de 1º BACH de debuxo artístico do IES as Barxas.


Escoitar o que vos queren dicir.







miércoles, 3 de febrero de 2016

AUL@ANIMADA , Finalista no 1º Premio Hiares Arte e Cultura




Este pasado fin de semana fomos a Madrid á  xornada "Colaborar para Ensinar" concibida grazas á unión da fundación Colegio Base e a Asociación Espiral, Educación e Tecnoloxía. 
O seu obxectivo principal é  mostrar unha selección de experiencias baseadas na colaboración que se realizan a nivel intercentros. 

Entre elas presentou M Jose Soto , o proxecto que deu a luz ao noso querido BARXILÓN "BARXAS EMPRENDE: CREACIÓN DE UNA EDITORIAL e que  levou o Premio Fundación Colexio Base.
Ver ENLACE

Ademais o noso blogue Aul@animada  quedou Finalista no 1º Premio Hiares Arte e Cultura, xunto cos fantásticos proxectos "Madeiras que son violíns", 1º premio e Mate+TICS y Arte , que tamén quedou finalista. 


                    PARABÉNS A TOD@S¡¡ 
OS NOS@S ALUMN@s










miércoles, 6 de enero de 2016

Animación con transparencias


VER ENLACE : http://edu-plastica.blogspot.com.es/2016/01/unha-xeometria-con-moito-ritmo.html
 
XEOMETRÍA ANIMADA III from EduPlástica- Luz Beloso on Vimeo.
video educación, formación, education, arts , EDUCACIÓN PLÁSTICA Y AUDIOVISUAL as BARXAS, 3º ESO
profesor Luz Beloso
http://educortos.blogspot.com.es
http://animacioneducacionplastica.blogspot.com.es

miércoles, 23 de diciembre de 2015

XEOMETRÍA ANIMADA con Vectorian Giotto ,alumn@s 3º ESO


"Metamorphosis "

Primeiras animacións con vectorian giotto en 3º ESO C , dentro do software 2D LIBRE , este é un dos  mais agradecidos.
Ao exportar a animación faino en formato flash, nós cambiámolo a mov co conversor  swivel.
Deixo aquí a páxina cos tutoriais : http://framebyframe.hol.es/software/giotto1.html .


https://www.youtube.com/watch?v=K-Sh5jUk4dk

Ademais do Vectorian e o coñecido Pencil  para animación 2D, temos:

XEOMETRÍA ANIMADA- 3º ESO ,Plástica as Barxas from EduPlástica- Luz Beloso on Vimeo.

martes, 15 de diciembre de 2015

BO NADAL¡


BO NADAL from EduPlástica- Luz Beloso on Vimeo.

EDNL e Departamento de educación plástica do IES As Barxas
Ilustracións Alba 4ºESO e animación Obradoiro plásticasbarxas


Proxecto profesores: Brais Pérez e Luz Beloso

MÚSICA
Christmas Mix 2013 - Patrick Ansell & Briann Zynts [[FREE DOWNLOAD]]
Kuolema - Hair in the Wind (Bang Your Head) [Secret of Mana].
video educación, formación, education, arts Education,

sábado, 5 de diciembre de 2015

A XUSTIZA POLA MAN, POEMA ANIMADO

A xustiza pola man - Rosalía de Castro from EduPlástica- Luz Beloso on Vimeo.

A xustiza pola man - Rosalía de Castro
Premio OLLOBOI ANIMACIÓN 2015
Traballo d@s Alumn@s de debuxo artístico- IES as Barxas
Voz :Inés Padín
Profesor coordinador : Luz Beloso