lunes, 19 de septiembre de 2016

'Cabelos de batalla'"mellor curtametraxe de escola " no festival FICBUEU 2016.

CABELOS DE BATALLA from EduPlástica- Luz Beloso on Vimeo.


A nosa curta animada  'Cabelos de batalla' que trata sobre a dura loita contra o cancro infantil, realizada polos alumnos e alumnas de 4ºESO: Nerea Rosales, Manuel Escudeiro, Daniel Blanco, Lucía Freire, Diego Costa e Iria Portela   en  Educación Plástica e Visual  para o proxecto SUPERHEROES &SUPERHEROÍNAScon poema do escritor Miguel Ángel Alonso Diz e voz de Inés Padín , acaba  de recibir o  premio  a "mellor curtametraxe de escola  " do prestixioso festival FICBUEU 2016





Este é un vídeo realizado por unha das alumnas  en pleno proceso, traballando coa técnica da rotoscopia .
1º gravaron o vídeo , o fragmentaron  en centos de imaxes e as fotocopiaron  para debuxalas unha a unha.
Coas novas imaxes escaneadas  creamos a animación .


video 

sábado, 10 de septiembre de 2016

Seleccionados no festival de CURTAS DE ESCOLA no FIC BUEU


A curtametraxe LATEXOS realizada polos meus alumno@s de 3º ESO e a curta dos alumn@s de 4º ESO “CABELOS DE BATALLA” de Educación Plástica do IES as Barxas ,ambas as dúas cun poema  de Miguel Ángel Alonso Diz son finalistas na sección de CURTAS DE ESCOLA no  FIC BUEU  
A proxección de curtas e a selección de curta gañadora celebrarase o vindeiro domingo 18 de setembro ás 18:00h no Centro Social do Mar de Bueu.

LATEXOS from EduPlástica- Luz Beloso on Vimeo.
CABELOS DE BATALLA from EduPlástica- Luz Beloso on Vimeo.